Tuesday 07 de May de 2024

Acto dedicado ao estudantado de 2° de Bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal


Na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior) celebrouse na mañá deste 12 de xuño un acto dedicado ao estudantado de 2° de Bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal, no cal se lles fixo entrega de cadanseu diploma.

Interviron o equipo directivo do centro educativo, unha docente en representación do profesorado, dúas alumnas no nome do estudantado, e o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra).

Contouse coa colaboración de voluntarias e voluntarios da Protección Civil.